REDUTILICICLAR
Os tres erres nun: reducir, reutilizar e reciclar.
luns, 10 de maio de 2021
Xogando e reciclando en Educación Física
xoves, 11 de marzo de 2021
Máis xogos sen xoguetes
Seguimos aprendendo xogos para os que non necesitamos ningún xoguete. Simplemente debuxando mans e pes en papeis ou cartóns que xa non nos servan, e coloreándoos ben bonitos, podemos divertirnos moitísimo. Juanjo e Sabela móstrannnos como se xoga. Fixádevos que ben o pasan!
martes, 9 de marzo de 2021
Un armario de xoguete
Os vosos bonecos teñen moitos vestidos e queredes telos ordenadiños? Pois atendede ben a esta estupenda idea que nos trae Felicita para facer un armario. E todo con materiais de refugallo que seguro que tedes! Xa quixeramos un tan bonito na casa!
xoves, 28 de xaneiro de 2021
Máquina de sumar
Hoxe Daniela preséntanos un invento para aprender a sumar no que se unen as matemáticas, a plástica e a reciclaxe. Prestou moita atención na clase e despois, cunha caixa de cartón e dúas botellas de plástico, construiu a máquina de sumar ela soíña na casa.
Déixovos coa súa clase de hoxe! Aprenderedes e divertirédesvos a un tempo. Asegúrovolo!
xoves, 17 de decembro de 2020
RedutiliNadal 2020
Chegou o último mes do ano. Foi un ano complicado, pero non por iso imos deixar de celebrar as cousas boas. E, coma sempre, as celebracións no Mato van unidas á reciclaxe. Os adornos deste ano son completamente redutiliciclados. Cando vaiades pola rúa, fixádevos, pois ídelos atopar...
Bo Nadal e que o 2021 traia moita saúde e alegrías!
xoves, 3 de decembro de 2020
Sorpresa !!!
Decembro é un mes máxico para os nen@s, cheo de sorpresas e ilusións. E para comezalo como se merece, Felicita, de 1º A, e a súa familia, queren compartir con todos nós esta divertida obriña de teatro que fixeron con monicreques elaborados con calcetíns. Preparádevos para a función, e, despois, a buscar un calcetín e mans á obra!
luns, 26 de outubro de 2020
Reciclaxe 2020
Despois de 6 complicados meses voltamos ás aulas con moitas medidas para intentar frenar o avance do coronavirus. Entre elas está a desinfección de todos os materiais que tocamos e tirar ao lixo, en contedores con tapa e pedal, todo o que sexa susceptible de estar contaminado. Polo tanto, a reciclaxe nas aulas ten que pasar a un segundo plano durante un tempo. Pero o planeta necesita máis ca nunca que reciclemos, sobre todo agora que precisamos usar tantos plásticos e mascarillas desbotables. Os nen@s do Mato Vizoso están máis que concienciados, por eso seguen reciclando nas súas casas. Felicita, de 1° A, fixo uns orixinais e preciosos testos para plantas con caixas e botes de patacas fritidas. Que máis estades a facer vós?