luns, 18 de decembro de 2017

Decorando con refugallo

Este ano decidimos decorar o colexio polo Nadal utilizando material de refugallo.

Escollimos como temática as campás que dan o comezo do Ano Novo.

Conseguimos involucrar ás familias e conseguir deseños tan chulos coma estas!







mércores, 13 de decembro de 2017

Temos a sorte de contar cuns compañeiros e compañeiras marabillosos, fixádevos que manualidades fixeron co seu alumnado.

Reciclar mola!



luns, 4 de decembro de 2017

Ecopatrulla

Este curso decidimos comezar coa Ecopatrulla cos nenos e nenas de 4º curso. Aínda que non empezarán a patrullar ata despois de Nadal.

Sogama ofreceuse a darnos unhas charlas informativas e aquí nos podes ver moi atentos ás explicacións.



martes, 28 de novembro de 2017

Plantando as nogueiras

E por último, os nenos e nenas de 2º A fixeron o vídeo de como xerminar unha noz para ter unha fermosa nogueira.


domingo, 26 de novembro de 2017

Plantando os carballos

Agora é a quenda dos nenos e nenas de 5ºA. Neste vídeo poderedes ver como sementar unha landra e ter garantías de que xermine.


mércores, 15 de novembro de 2017

Comezamos ca plantación

Unha das propostas do noso proxecto era comezar co horto escolar pero debido ao sucedido no mes de outubro, decidimos aplazalo e este ano adicalo a axudar aos concellos que sufriron os incendios.

Por iso comezamos coa plantación de especies autóctonas.

Aquí podedes ver o titorial que fixeron os nenos e nenas da clase de 2º B para plantar unha castaña e ter garantías de que xermine.


domingo, 12 de novembro de 2017

Saímos no xornal

Somos noticia!

Esta semana saímos no xornal El Progreso. Aquí podedes ver a nova


sábado, 4 de novembro de 2017

Compromiso co planeta

Chegou ata nós este vídeo que nos fixo reformularnos varias cousas (preme na imaxe)

https://www.lavozdegalicia.es/video/sociedad/2017/11/03/papel-higienico-vs-toallita-humeda-experimento-definitivo/0031_2017115634180650001.htm


Moitas veces utilizamos toalliñas húmidas para nos limpar mellor e facémoslle caso ao que pón no envase: "biodegradable", "pódese tirar no wc"... Que enganad@s estabamos!

Cremos que o vídeo nos aclara bastante as cousas. Só tirar ao wc o papel hixiénico, o resto de toalliñas deben ir á papeleira e na medida que sexa posible, reducir o seu uso.

Imaxinade o que pasaría se non cumprisemos isto... En Valencia, Donostia ou Londres xa o saben.

Comenta isto á túa familia e así contribuiredes ao coidado do planeta.

XUNTOS PODEMOS MELLORAR!

venres, 3 de novembro de 2017

Coidando os nosos bosques

Desde o equipo de Redutiliciclar decidimos axudar aos nosos bosques danados polos incendios dos últimos días.
Cervantes, Lugo.

Vilardevós, Ourense.

Chandebrito, Pontevedra.

Faremos un sementeiro de árbores autóctonas (carballos, castiñeiros e nogueiras). Coidarémolas ata que os montes dos concellos afectados estean preparados para ser replantados

martes, 31 de outubro de 2017

Reutilizando no Magosto


Benvida!

Estamos encantad@s e che@s de ilusión de dicirvos que este ano desde o CEIP Mato Vizoso, lanzamos o proxecto "REDUTILICICLAR" dentro do plan "Recíclate con SOGAMA".

O nome do noso proxecto inclúe os tres erres:

  • Reducir.
  • Reutilizar.
  • Reciclar.

Traballaremos con isto todo o curso e faremos un sinfín de actividades para concienciarnos de que a nosa contorna importa e é necesario coidala con pequenos xestos diarios.

Agardamos a vosa colaboración!