domingo, 28 de xaneiro de 2018

Novas curiosas

Hoxe atopámonos cunha nova moi curiosa. Dende o Concello de Las Palmas de Gran Canaria queren concienciar aos seus veciños que é compatible o ir de festa con manter as rúas limpas.

Por iso La Chirimurga del Timple adaptaron o éxito de Luis Fonsi a esta temática.

Preme na imaxe e bótalle unha orella!

sábado, 27 de xaneiro de 2018

A xogar!


Preme na imaxe e poderás xogar a separar correctamente o lixo. Dálle a cada residuo e despois fai clic enriba do colector ao que ten que ir.






Axuda a Michael a recoller o lixo que tiraron no chan e lévao ao seu colector.


martes, 23 de xaneiro de 2018

Compostaxe

A compostaxe é algo novo para nós, así que imos explicar un pouco en que consiste axudándonos do que pón na páxina de SOGAMA:





O compost é un abono caseiro, producido despois da descomposición da materia orgánica que nós mesmos xeramos (restos de comida ou de podas). 

Elaborando o noso compost reducimos o uso de fertilizantes químicos para abonar as nosas hortas, e depositamos menos refugallos no colector verde convencional.




Con toda esta información, decidimos colocar uns caldeiros verdes ao lado das illas de reciclaxe para que tiremos alí os residuos orgánicos que xeramos nas merendas: mondas de froita, sobretodo. 







Tamén entraremos na cociña do colexio cada día para recoller os restos que nos poidan valer e así facer un compost moito máis rico en nutrientes.






Despois botaremos os restos orgánicos no composteiro, que colocamos debaixo dunha árbore, un lugar húmido e sombreado no verán, e resgardado das baixas temperaturas no inverno.



Pouco a pouco conseguiremos un compost rico en nutrientes para abonar o noso xardín e a futura horta escolar!


martes, 16 de xaneiro de 2018

Ecopatrulla en acción!

Xa estamos a tope coa Ecopatrulla.

Todos os recreos estamos no patio revisando e axudando aos compañeiros a utilizar correctamente os colectores.