domingo, 29 de marzo de 2020

Imaxinación con caixas de ovos e tapóns

 Se algo podemos sacar de bo deste encerro na casa, é que hai que poñer a funcionar a imaxinación para suplir as actividades que faciamos antes. María construiu este divertido tren. Onde nos levará? Onde a vosa imaxinación queira...





venres, 27 de marzo de 2020

Educación Física e reciclaxe na casa

 Nestes días no que un virus nos está facendo cambiar a vida, non hai disculpa para non seguir facendo deporte e reciclando. O profe de Educación Física fixo varias propostas e Lucas e Noa non tardaron nada en poñerse mans á obra e facer a súa "Indiaka". Con este artiluxio feito simplemente con globos e bolsas de plástico (que seguro tedes montóns na casa) hai que intentar encestar nunha caixa. Eles xa están exercitando músculos e puntería! E vós?



Noa, Alba e Aldara tamén construiron un sinxelo disco voador co que poderedes xogar os que dispoñades dun pouco máis de espazo. Aproveitádeo!







martes, 24 de marzo de 2020

Reciclaxe en tempos de coronavirus

 Estes días que necesitamos quedar na casa para que o coronavirus pase de largo, é un bo momento para facer esas cousas para as que nunca atopamos tempo. Os nenos de 2º A saben aproveitar estes momentos e todos eses materiais que hai na casa, que normalmente irían para o lixo. Sara fixo a súa propia mascota. Mirade qué bonita! E, tamén con tapóns, Noa fixo unha fermosa mariquita de adorno para unha planta e unha preciosa flor. En marcha esa imaxinación! Bravo!




domingo, 22 de marzo de 2020

Reutilizando en Educación Física

 Non hai ámbito da vida no que non poidamos redutiliciclar. E a proba tédela tamén nas clases de Educación Física. Os máis pequenos do noso cole exercitan corpo e mente con algo tan sinxelo coma tapóns.

venres, 13 de marzo de 2020

Máis traballos con caixas

 Seguimos sacando partido das caixas de cartón. Estas son as ideas dos alumn@s de 4° A.











As profes tamén reciclan

 As profes tamén reciclan, e aquí tedes uns coloridos arquivadores feitos tamén con caixas.



mércores, 11 de marzo de 2020

Caixas de cartón

  Quen non tirou unha caixa de cartón porque non sabía facer con ela? Os alumn@s de 2º A teñen moitas ideas para aproveitalas e pasar unha divertida tarde de inverno na súa casa potenciando a imaxinación e a creatividade. Fermosas casiñas, un garaxe, coches e un entretido "Tres en raia" son as súas primeiras creacións. Tedes máis ideas con este ou outro material?