mércores, 29 de abril de 2020
Proposta de reciclaxe
Hoxe déixovos unha proposta para construir uns altofalantes que vos explica o "profe virtual" Iván. Animádesvos?
venres, 17 de abril de 2020
A xogar!!!
Quen se aburra estes días de confinamento é porque quere. Poden inventarse multitude de xogos con cousas que tedes na casa. Non vos vou contar máis, porque Alba xa volo explica xenial neste vídeo! A xogar!
mércores, 15 de abril de 2020
Horto na casa
Cabazas, leitugas, tomates, pementos... Agora que non se pode saír da casa, é o momento ideal para plantar un horteiro. Que vivides nun piso? Non hai problema. Tomás atopou a solución! Mirade!
Contra o aburrimento, teatro!
Seguro que estes días xa estades cansos de ver tanta televisión. Por qué non facedes o voso propio programa? Ou unha obra de teatro con títeres? María xa ten todo listo para xogar e imaxinar! Cunha simple caixa, paos de brochetas e debuxos recortados de revistas ou feitos por vós mesmos podedes facer un teatriño tan bonito coma este.
martes, 14 de abril de 2020
Contra o confinamento, imaxinación!
O Covid19 estanos privando de facer moitas cousas que nos gustaban, pero non hai nada que poida coa nosa imaxinación. Noa e Aldara puxérona a funcionar, e crearon un fantástico unicornio feito cun guante e papel hixiénico (dous materiais moi propios desta época), unha guitarra feita cunha botella de plástico para poñer música a estes días e un boneco de neve de rolos de cartón que nos recorda ao Nadal no cole. Noraboa!
Déixovos tamén a canción de Iván Vale que inspirou a creación do unicornio e que ben se podería acompañar coa guitarra feita de plástico.
Déixovos tamén a canción de Iván Vale que inspirou a creación do unicornio e que ben se podería acompañar coa guitarra feita de plástico.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)