luns, 10 de maio de 2021

Xogando e reciclando en Educación Física


 Reciclar en Educación Física? Por suposto! Cun pouco de imaxinación, calquera cousa que estabamos a punto de tirar, pode convertirse nun xogo. Mirade que ben o pasan estes nenos con tapóns, botes de suavizante, etc...

xoves, 11 de marzo de 2021

Máis xogos sen xoguetes

  Seguimos aprendendo xogos para os que non necesitamos ningún xoguete. Simplemente debuxando mans e pes en papeis ou cartóns que xa non nos servan, e coloreándoos ben bonitos, podemos divertirnos moitísimo. Juanjo e Sabela móstrannnos como se xoga. Fixádevos que ben o pasan! 



martes, 9 de marzo de 2021

Un armario de xoguete

  Os vosos bonecos teñen moitos vestidos e queredes telos ordenadiños? Pois atendede ben a esta estupenda idea que nos trae Felicita para facer un armario. E todo con materiais de refugallo que seguro que tedes! Xa quixeramos un tan bonito na casa!




xoves, 28 de xaneiro de 2021

Máquina de sumar

 Hoxe Daniela preséntanos un invento para aprender a sumar no que se unen as matemáticas, a plástica e a reciclaxe. Prestou moita atención na clase e despois, cunha caixa de cartón e dúas botellas de plástico, construiu a máquina de sumar ela soíña na casa.

 Déixovos coa súa clase de hoxe! Aprenderedes e divertirédesvos a un tempo. Asegúrovolo!