xoves, 20 de decembro de 2018

Arboriñas de Nadal

Desexámosvos moi bo Nadal con estas árbores feitas de calcetíns vellos, outras de cartóns de papel hixiénico, máis cartóns convertidos en renos, estrelas de bandexas de polispan, marcapáxinas con paos de xeado, caixas de cartón convertidas en cheminea e caixa de correo para deixar as vosas cartas a Papá Noel ou os Reis Magos... Felices festas e recordade seguir redutiliciclando nestas datas nas que se xeran tantos residuos!












xoves, 15 de novembro de 2018

Materiais convertidos en arte

Seguimos amosándovos cómo os nen@s convirten en arte todo tipo de material de refugallo que, doutro xeito, acabaría no lixo, perdendo a posibilidade de ser algo fermoso.








mércores, 14 de novembro de 2018

Redutiliciclando no Magosto e no Samaín

No Mato temos claro que calquera ocasión é boa para redutiliciclar, así que aproveitamos o Magosto para unir reciclaxe, plástica e utilidade: velaquí os recipientes para castañas feitos con cartóns de leite polo alumnado de 1° e 2°, e uns chulísimos morcegos para o Samaín realizados en 2° con cartóns do papel hixiénico.















!

xoves, 25 de outubro de 2018

Concurso "Pilabot"

  O noso colexio acaba de ser seleccionado para participar no concurso "Pilabot". Que temos que facer para intentar gañar? Moooi sinxelo! Recolectar todas esas pilas usadas que temos estradas pola casa, e traelas ao colexio. En breve recibirides máis información sobre cómo participar, pero xa podedes comezar a xuntar pilas.
 Hai 4 premios repartidos en dúas categorías: máis quilos de pilas acumuladas, e máis quilos por alumno. En ambalasdúas categorías entregaranse un primeiro premio de 2500 euros e un segundo de 1250 euros, para a compra de material escolar, deportivo ou actividades educativas.
 Preparados para gañar? Estaría xenial conseguir un dos premios. Pero, en todo caso, sempre imos saír gañando, pois conseguiremos que unha empresa especializada retire as pilas para evitar que contaminen o noso planeta, que, a fin de contas, é onde vivimos todos.

venres, 19 de outubro de 2018

Ecopatrulla en acción

Queremos manter limpo o noso cole, e a Ecopatrulla vainos axudar un ano máis. Os ex-ecopatrulleiros déronlles unha charla explicativa aos seus compañeiros de 4° que formarán parte da Ecopatrulla este ano. Seguimos reciclando, reducindo e reutilizando con axuda de todos!


luns, 8 de outubro de 2018

domingo, 24 de xuño de 2018

Premio, premio!

Todo esforzo ten a súa recompensa, iso está máis que claro. Despois de todo o que traballamos este ano, obtivemos o terceiro premio de "Recíclate con SOGAMA" que lle outorga ao colexio 200€ para material escolar.

Queremos darlle as gracias as familias pola súa colaboración, ao claustro por traballar con cariño todo o que conlevan os 3R e sobretodo, ao alumnado de 4º por ser tan constante no seu labor como Ecopatrulla.

Preme na imaxe para ir a El Progreso

domingo, 3 de xuño de 2018

Sorbiños de lectura

Os rapaces e rapazas da aula de 5º A fixeron un mural precioso co título "Sorbiños de lectura" e mandaron unha invitación a todos para que cada un deixase o seu sorbiño preferido.




En EF, tamén!

A profe de EF dos cursos de primeiro e segundo aproveitou o material de refugallo para que fixeran un montón de construcións e tamén formaran o número 50 por motivo do cincuentenario do colexio.