xoves, 25 de outubro de 2018

Concurso "Pilabot"

  O noso colexio acaba de ser seleccionado para participar no concurso "Pilabot". Que temos que facer para intentar gañar? Moooi sinxelo! Recolectar todas esas pilas usadas que temos estradas pola casa, e traelas ao colexio. En breve recibirides máis información sobre cómo participar, pero xa podedes comezar a xuntar pilas.
 Hai 4 premios repartidos en dúas categorías: máis quilos de pilas acumuladas, e máis quilos por alumno. En ambalasdúas categorías entregaranse un primeiro premio de 2500 euros e un segundo de 1250 euros, para a compra de material escolar, deportivo ou actividades educativas.
 Preparados para gañar? Estaría xenial conseguir un dos premios. Pero, en todo caso, sempre imos saír gañando, pois conseguiremos que unha empresa especializada retire as pilas para evitar que contaminen o noso planeta, que, a fin de contas, é onde vivimos todos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario