mércores, 25 de abril de 2018

Enquisa

Mentres estamos a analizar os resultados da enquisa, gustarianos que lle botárades un ollo a isto.


Acuario molón!

Esta semana en 1ºA remataron os seus acuarios feitos con caixas de cereais.






Pintaron o interior de cor azul e o exterior de prateado. Colocaron a area na base e uns corais e cunchas para adornalo.



E por último, os peixiños de cores. Quedou bonito, verdade?











venres, 20 de abril de 2018

Facendo xardín!

Aquí podedes ver o proceso do noso bonito xardín. Estamos moi satisfeitos e orgullosos do noso traballo!


mércores, 11 de abril de 2018

Boas novas!

No cole preferimos alongar a vida útil das cousas antes de convertelas en residuos. Tamén preferimos evitar os elementos de "usar e tirar" na medida que nos é posible. Por iso, moitas veces repetimos a idea que para comer un iogur é moito mellor unha culler reutilizable (unha de metal e levala para lavala) que as de plástico que so usariamos para comer unha vez.

Hoxe lemos no xornal "La Voz de Galicia" esta nova e puxémonos moi contentos! Bótalle un ollo (preme na imaxe) e cóntanos cal é a túa opinión.


A tope en 2º B

Na clase de 2ºB, despois de estudiar como funcionan as cidades, decidiron construir unha maqueta dunha vila utilizando as caixas dos medicamentos.

















E despois de moito tempo... Por fin o resultado final!!!!









Caixa do correo lista!

En 1º A xa remataron de facer a súa caixa de correo dándolle unha segunda vida á caixa de cereais.

Se te animas, podes mandarlles unha carta!


venres, 6 de abril de 2018

A tope en Educación Física

Nas clases de Educación Física tamén se pode traballar coa reciclaxe.

Mirade que xogos tan divertidos reutilizando as botellas dos deterxentes!






A tope en 1ºA

Na clase de 1ºA están a tope coa reutilización e reciclaxe.

O porexpán é un dos materiais máis contaminantes e que menos vida útil lle damos. Hai moitos produtos no supermercado que veñen empaquetados en bandexas de porexpán e que soemos tiralas á basura directamente. Pero ós compis de 1ºA ocorréuselles a idea de facer uns marcos de fotos súper chulos!!








E aínda cheos de máis ideas fixeron un buzón de correos cun paquete de cereais. Lembrade que foron de visita a oficina de Correos fai uns meses así que parece que lles gustou a idea das cartas...