mércores, 11 de abril de 2018

Boas novas!

No cole preferimos alongar a vida útil das cousas antes de convertelas en residuos. Tamén preferimos evitar os elementos de "usar e tirar" na medida que nos é posible. Por iso, moitas veces repetimos a idea que para comer un iogur é moito mellor unha culler reutilizable (unha de metal e levala para lavala) que as de plástico que so usariamos para comer unha vez.

Hoxe lemos no xornal "La Voz de Galicia" esta nova e puxémonos moi contentos! Bótalle un ollo (preme na imaxe) e cóntanos cal é a túa opinión.


Ningún comentario:

Publicar un comentario