xoves, 21 de maio de 2020
O televisor máxico
Unha caixa de cartón, rolos de papel, caixas de ovos... Todo isto serve para recrear maxicamente a chegada da primavera, e, con ela, os insectos. Alba vaivos contar a súa fermosa historia!
xoves, 14 de maio de 2020
Organicémonos
Agora que a maioría tivemos que montar unha oficina ou un colexio na nosa casa, é moi necesario ter todo organizado. María A. atopou unha creativa solución con material de refugallo. Agora ten todo á man e colocadiño para poñerse a facer os deberes, e, ademáis, coida o planeta.
venres, 1 de maio de 2020
Calcetíns
Que facer cuns vellos calcetíns que xa nos quedan pequenos? Pois, aínda que non o creades, poden traernos horas e horas de diversión. María C. convertiunos coa súa gran imaxinación en Manola e Pepiña. Fixo un precioso teatriño... e a actuar! Que xenial!
Reciclaxe na cociña
Reciclaxe na cociña? Pode ser? Por suposto. E se non, preguntádelle a María A., que quería adornar un pastel e non tiña manga pasteleira. E onde compramos unha agora que están as tendas pechadas? Non hai problema! Unha botella de plástico e unha bolsa de conxelados son máis que suficientes para conseguir este extraordinario aparello.
E que facemos coas cáscaras dos ovos que usamos para facer o pastel? Mateo ten unha creativa utilidade!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)