venres, 1 de maio de 2020

Reciclaxe na cociña

Reciclaxe na cociña? Pode ser? Por suposto. E se non, preguntádelle a María A., que quería adornar un pastel e non tiña manga pasteleira. E onde compramos unha agora que están as tendas pechadas? Non hai problema! Unha botella de plástico e unha bolsa de conxelados son máis que suficientes para conseguir este extraordinario aparello.



E que facemos coas cáscaras dos ovos que usamos para facer o pastel? Mateo ten unha creativa utilidade!


Ningún comentario:

Publicar un comentario